“Mystery Box”, unha campaña de Parque FC
A Mystery Box é unha intervención urbana en Príncipe para presentar a camiseta de Parque FC.
O proxecto
Para presentar a nova camiseta de Parque FC, realicei unha intervención urbana pensada para xerar curiosidade e conversa. Unha caixa de madeira de dous metros, entreaberta e situada en pleno Príncipe, converteuse nun punto de atracción espontáneo: un obxecto misterioso que invitaba a deterse, mirar e preguntar que estaba pasando. A acción permitía descubrir a equipación en exclusiva e facer a prereserva mediante un código QR.
O meu papel no proxecto
Encárgome de todo o desenvolvemento visual e conceptual da acción:
• Dirección de arte
• Conceptualización da intervención urbana
• Fotografía e vídeo
• Deseño gráfico e pezas de campaña
• Contidos para web e redes sociais
O obxectivo era crear unha experiencia sinxela pero potente: unha acción que funcionase tanto no espazo físico como no dixital, e que reforzase o carácter urbano e comunitario de Parque FC.
As ferramentas
Para construír o imaxinario da acción, recorro a elementos sinxelos pero moi recoñecibles: madeira crúa, unha apertura mínima, códigos QR e unha estética visual que xoga co misterio e coa curiosidade. Todo está pensado para que a caixa funcione como un obxecto narrativo: algo que chama, que intriga e que invita a achegarse. A fotografía e o vídeo acompañan esta idea cunha linguaxe visual directa e urbana, centrada en captar reaccións reais e momentos espontáneos.
O resultado
A caixa convértese nun punto de atención natural no centro da cidade. A xente detense, pregunta, fotografía e comparte. A acción xera conversación e fai que a presentación da camiseta sexa algo máis que un lanzamento: convértese nunha experiencia e fai que creza o interese dos clientes por ela.
