Proxectos destacados
O meu traballo móvese entre a fotografía, a dirección de arte e o deseño, sempre cun enfoque visual que busca contar historias e construír identidades. Aquí recóllense proxectos comerciais, culturais e persoais que fun desenvolvendo nos últimos anos: campañas, marcas, eventos, proxectos experimentais e o universo creativo arredor de Parque Clothing. Este portfolio é unha mostra do meu xeito de traballar e do espazo no que sigo medrando como creador.
O portfolio está en proceso de actualización (marzo 2026). Nos próximos días engadirei novos traballos e proxectos recentes. Grazas pola paciencia mentres poño todo ao día.
