Falemos

Edit Template

Falemos

Edit Template

Falemos

Edit Template

Servizos

O mellor para devolverlle a vida á túa empresa.

Deseño Web

Deseño web profesional para marcas e empresas que queren destacar

Deseño e desenvolvo webs profesionais en WordPress pensadas para empresas, marcas e profesionais que necesitan unha presenza online sólida. Cada proxecto está coidado ao detalle: estrutura, estética, contido e experiencia de usuario. O resultado é unha web rápida, clara e funcional, que transmite quen es e axuda a atraer clientes.

Outros servizos que ofrezo

Fotografía
Dirección de Arte

Servizos de Deseño web

Solucións web pensadas para impulsar o teu proxecto con claridade, estética e resultados.

Creo webs corporativas que comunican con claridade e transmiten confianza. Defino a estrutura, organizo o contido e deseño unha experiencia intuitiva para que o usuario entenda o teu valor desde o primeiro segundo.

 

Ideal para: empresas, profesionais, estudos, proxectos que precisan unha presenza sólida.

Desenvolvo tendas online seguras, rápidas e fáciles de xestionar. Desde a arquitectura do catálogo ata o proceso de compra, todo está pensado para mellorar conversións e facilitar o teu día a día.

 

Ideal para: marcas pequenas, artesáns, negocios locais, proxectos que queren vender online.

Un portfolio limpo, elegante e coidado, onde o protagonismo é o teu traballo. Perfecto para fotógrafos, deseñadores, artistas ou profesionais que necesitan mostrar proxectos dun xeito claro e atractivo.

Unha páxina única, directa e visual, ideal para proxectos que non precisan unha web grande pero si unha presenza profesional e ben resolta. É perfecto para lanzamentos, eventos, proxectos persoais ou negocios que están comezando e queren validar unha idea sen investir nun sitio máis complexo.

Parto dun estudo de keywords, arquitectura web e redacción de textos optimizados para SEO. Configuro a estrutura, as etiquetas, tamaños de imaxes, a velocidade e os elementos clave para que Google entenda a túa web e poida indexala correctamente. Unha base sólida para mellorar visibilidade e atraer tráfico cualificado.

Creo ou optimizo a túa ficha de Google para mellorar a visibilidade local, aparecer en buscas relevantes e reforzar a túa presenza dixital. Unha ficha ben configurada axuda a que os clientes te atopen máis facilmente, mellora o posicionamento en Google Maps e aumenta a confianza mostrando información clara, fotos profesionais e opinións verificadas.

O proceso deseñando a túa web

Un proceso claro e pensado para que a túa web funcione dende o primeiro día.

Antes de deseñar, definimos xuntos os obxectivos da web, a mensaxe principal e a arquitectura de contidos. Isto garante que cada sección teña un propósito claro e que a web funcione como unha ferramenta real para o teu negocio.

Creo unha estética limpa, equilibrada e coherente coa túa identidade, e desenvolvo a web en WordPress para garantir flexibilidade, seguridade e facilidade de uso. O resultado é unha web profesional, rápida e totalmente adaptada a móbil.

Optimizo a web para SEO, velocidade e accesibilidade, e deixo todo listo para que Google poida indexala correctamente. Unha vez publicada, acompáñote con formación e soporte para que poidas xestionar o sitio con confianza

Por que apostar polo meu deseño web?

Pensada para medrar contigo.

Rápida, limpa e preparada para Google.

O usuario entende, navega e actúa sen perderse.

Entra polos ollos antes de ler contidos.

O teu proxecto medra. A túa web debería seguirlle o ritmo. Fagámolo.

home1-highlight2

Pégame un toque!

Démoslle forma á túa idea
Pechar

Sabes que queres facer as cousas ben.
Eu tamén. Cando nos poñemos?