Falemos

Edit Template

Falemos

Edit Template

Falemos

Edit Template

“Fútbol Popular”, unha campaña de Parque FC

Fútbol Popular é a campaña coa que presento en redes e web a nova equipación de Parque FC.

2025

O proxecto

Para presentar a Fútbol Popular é a campaña coa que presento a nova equipación de Parque FC unha vez revelada a través da Mystery Box. Para o shooting escollo un campo de fútbol de Vigo que, malia seguir en uso, mostra un abandono evidente por parte das institucións. Esta localización convértese nunha declaración de intencións: reivindicar o fútbol humilde, o das parroquias, o dos domingos, o que existe grazas á xente e non ás estruturas.

O meu papel no proxecto

Encárgome de todo o desenvolvemento visual da campaña:


• Dirección de arte
• Fotografía e vídeo
• Deseño de moda
• Pezas para web e redes
• Conceptualización da narrativa visual


O obxectivo é crear unha campaña que non só mostre a camiseta, senón que conte unha historia: a dun club que nace desde abaixo e que representa un xeito de entender o fútbol máis humano, máis próximo e máis real.

As ferramentas

Para construír esta narrativa, recorro a elementos que pertencen ao imaxinario do fútbol popular: un campo de terra, redes rotas, bancos de madeira, un balón clásico e unha estética directa, sen artificios. A fotografía busca transmitir verdade e proximidade, cunha linguaxe visual que combina dureza e beleza. O vídeo acompaña esta idea cun ritmo pausado, centrado en xestos, detalles e movementos que pertencen ao fútbol de sempre.

O resultado

A campaña presenta a equipación nun contexto que lle dá sentido: o lugar onde é, onde nace todo. O resultado é unha serie de imaxes e pezas audiovisuais que conectan coa comunidade, reforzan a identidade do club e transmiten un valor claro: o fútbol tamén é cultura, pertenza e territorio.

Podes ver máis sobre este proxecto en

Pechar

Sabes que queres facer as cousas ben.
Eu tamén. Cando nos poñemos?