Falemos

Edit Template

Falemos

Edit Template

Falemos

Edit Template

«La Cafetería» de Javier Cebreiros

La Cafetería de Javier Cebreiros é un espazo de entrevistas que aposta pola conversa pausada e honesta.

O proxecto

La Cafetería de Javier Cebreiros nace como un espazo de conversación pausada, íntima e honesta. Un lugar onde un café compartido convértese na escusa perfecta para explorar ideas, experiencias e aprendizaxes de persoas que levan anos deixando pegada na sociedade.

O meu papel no proxecto

Partindo da idea de Javier e unha aproximación entre os dous, fun responsable de dar forma á marca, construíndo unha identidade visual coherente e recoñecible para todo o universo do proxecto. Isto incluíu:

 

• Desenvolvemento da identidade gráfica
• Dirección de arte
• Fotografía en todas as entrevistas
• Vídeo para o formato Cortados
• Deseño gráfico aplicado a contidos e comunicación

 

O obxectivo foi crear unha estética próxima, elegante e atemporal que acompañase o ton das entrevistas e reforzase a esencia do proxecto: conversacións profundas nun ambiente próximo e humano.

As ferramentas

Nas pezas de La Cafetería emprego elementos que pertencen ao imaxinario das conversas de sempre: servilletas propias firmadas polos entrevistados, detalles manuscritos e unha estética en branco e negro que lembra ás cafeterías onde as ideas se charlaban con calma. Son pequenos xestos que axudan a traer esa atmosfera íntima e atemporal ao proxecto.

O resultado

O resultado é un espazo visual que respira calma e autenticidade. Unha marca que invita a parar, escoitar e conectar. Unha atmosfera onde a curiosidade e o talento dialogan sen présas, e onde cada detalle —dende a luz ata a composición— está pensado para reforzar esa sensación de intimidade. 

Podes ver máis sobre este proxecto en

Pechar

Sabes que queres facer as cousas ben.
Eu tamén. Cando nos poñemos?