Falemos

Edit Template

Falemos

Edit Template

Falemos

Edit Template

Fotografía lifestyle para RC Celta

Fotografía e dirección de arte para a colección “Crucero”, do RC Celta. Sesión estilo lifestyle para o drop de verán do equipo vigués.

O proxecto

Crucero é unha colección lanzada polo Celta en maio de 2026. Está constituída por catro pezas: dúas camisetas, un suadoiro e un bañador. A colección busca chegar a familias e afeccionados, perseguindo un “Verán Celeste” con tallas dende bebé ata adulto.

Localización e proceso

As fotografías realizáronse na praia de Menduiña, en Cangas, buscando o entorno natural para o que foi pensada a colección constituída po degradados e raias celestes e brancas.

O principal problema que afrontamos unha vez definido o concepto, localización e target, foron as condicións meteorolóxicas. Tras máis de dúas semanas chovendo decidimos marcar unha data igualmente coa esperanza de ter algo de tregua. E así foi. Aínda que foi un día cheo de nubes, conseguimos o resultado que buscábamos perseguindo e acentuando contraluces.

A identidade visual

A sesión centrouse en transmitir a idea do “Verán Celeste” nas prendas e no uso por igual para calqueira membro da familia. Xogando na auga, co balón, e pasando tempo xuntos.

Tamén se aproveitou para fotografiar coa mesma estética produtos de outras tempadas que casan co concepto e tempada como gorras e bodies de bebé.

O resultado

Durante a sesión tomáronse fotografías analóxicas cunha point&shoot para transmitir ese lifestyle e naturalidade acordes ao target. 

Publicouse a finais de maio de 2026, co final de tempada do RC Celta de Vigo e o comezo do bo tempo.

Podes ver máis sobre este proxecto en

Pechar

Sabes que queres facer as cousas ben.
Eu tamén. Cando nos poñemos?