Parque FC, un equipo vivo e comunidade real
Parque FC é un equipo real creado arredor de Parque Clothing, que funciona como unha rama independente e viva da marca.
O proxecto
Parque FC nace como unha extensión natural de Parque Clothing: un equipo de fútbol real, formado por persoas reais, que serve como plataforma para expandir a identidade da marca máis alá da roupa.
Non é unha campaña nin un concepto ficticio: é un proxecto vivo, con actividade deportiva, estética propia e unha comunidade detrás.
O equipo representa un fútbol popular, social e inclusivo, cun crecemento orgánico e no que a amizade e compromiso social son as prioridades.
A través do deporte, Parque FC convértese nun espazo onde a marca pode explorar novas narrativas, conectar coa xente e construír unha identidade máis ampla e profunda.
Un equipo real que se converte en identidade
O proxecto non só se centrou no xogo e valores: tamén se construíu unha identidade gráfica completa, con escudo, equipacións completas, pins e accións que reforzan o carácter do club.
Nas dúas primeiras tempadas, a 24/25 e 25/26, o equipo proclamouse campión da Liga local na que compite, un fito que reforza a dimensión deportiva do proxecto e que lle dá aínda máis peso como rama independente da marca.
Os seguidores tamén puideron optar a premios, xa que en cada xornada participaban en porras feitas a través do perfil de Instagram que premiadas con roupa da marca. Ao final da primeira tempada acumuláronse máis de 500 participacións.
O meu papel no proxecto
• Conceptualización e dirección creativa de Parque FC
• Deseño da identidade visual e das equipacións
• Dirección de arte en sesións e contidos
• Fotografía e documentación do equipo
• Desenvolvemento narrativo e comunicación visual
• Creación de contido para redes sociais
• Coordinación co equipo humano que dá vida ao proxecto
A identidade visual
A estética de Parque FC combina referencias deportivas clásicas cun enfoque contemporáneo, combinando o mellor de ambos imaxinarios.
A liguaxe gráfica son é directa, recoñecible e coherente coa marca nai, pero con personalidade propia.
As prendas deportivas son duradeiras e de calidade, con bordados e guiños locais que funcionan como símbolos de pertenza.
O resultado
Parque FC consolidouse como unha das ramas máis fortes e recoñecibles de Parque Clothing.
É un proxecto que vive fóra da marca, pero que ao mesmo tempo a fortalece: xera contido, crea comunidade, inspira novas coleccións e amplía o universo visual da marca.
A proclamación como campións en ambas as dúas tempadas de vida confirma que o proxecto non é só unha idea estética, senón unha realidade deportiva con impacto e continuidade.
