Falemos

Edit Template

Falemos

Edit Template

Falemos

Edit Template

Parque Clothing, o meu proxecto persoal

Unha marca de roupa que funciona como laboratorio creativo e punto de partida para iniciativas culturais e comunitarias.

O proxecto

Parque Clothing é o meu proxecto persoal: unha marca de roupa que naceu en 2022 como un lenzo en branco no que poder experimentar profesionalmente coa dirección de arte, o deseño e a comunicación visual.

A marca estivo en pausa durante un tempo, pero retomeina en 2024 cunha visión máis clara:
crear un espazo onde a roupa, a cultura e a creatividade convivan de forma natural.
Parque Clothing non é só unha marca de moda.

É un parque no sentido máis literal: un lugar ao que “baixo a xogar”, probar ideas, explorar estéticas, colaborar con xente nova e facer medrar proxectos que noutros contextos non tería a liberdade total que teño aquí.

Un espazo creativo que vai máis alá da roupa

Co tempo, Parque Clothing converteuse nun proxecto con ambicións culturais e artísticas.
A marca funciona como plataforma para:

 

  • Apoiar artistas e músicos emerxentes
  • Organizar eventos e accións culturais e benéficas
  • Crear contido visual e narrativas propias
  • Desenvolver proxectos paralelos con identidade propia

 

A roupa é só unha parte do proxecto: o importante é o ecosistema creativo que se constrúe arredor dela.

O proxecto matriz: a orixe doutras ramas

Parque Clothing é a base sobre a que naceron outros proxectos que hoxe teñen vida propia:

 

  • Parque FC
    Un equipo de fútbol real que funciona como extensión da marca, cunha identidade visual propia e unha comunidade arredor del.

 

  • Tardeos no Parque
    Eventos que combinan música, creatividade e encontro social, reforzando a dimensión cultural da marca.

 

  • Accións, campañas e proxectos experimentais
    Desde intervencións urbanas ata coleccións limitadas, pasando por contido audiovisual e colaboracións.

 

Todo nace aquí: no “Parque” onde deixo que as ideas collan forma.

O meu papel no proxecto

• Conceptualización e dirección creativa da marca
• Deseño gráfico e deseño textil
• Dirección de arte en campañas e coleccións
• Fotografía e vídeo
• Páxina web con tenda online e comunicación visual
• Coordinación de eventos e proxectos culturais
• Creación de identidade e narrativa de marca

A identidade visual

A estética de Parque Clothing baséase nunha linguaxe directa, contemporánea e flexible.
Tipografías elegante, cores sólidas, bordados, detalles gráficos e unha narrativa visual que combina moda, cultura e experimentación.


Cada colección, cada peza e cada proxecto funciona como unha oportunidade para explorar novas ideas e seguir construíndo o universo da marca.

O resultado

Parque Clothing consolidouse como o meu proxecto persoal máis divertido:
un espazo creativo que me permite crecer profesionalmente, probar ideas, colaborar con outras persoas e dar vida a proxectos que se expanden máis alá da moda.


É o punto de partida dun ecosistema que inclúe deporte, música, eventos, contido visual e identidade cultural.
Un proxecto vivo, en evolución constante, que segue medrando tempada tras tempada.

Podes ver máis sobre este proxecto en

Pechar

Sabes que queres facer as cousas ben.
Eu tamén. Cando nos poñemos?