Feb 18, 2026
Comezo por aquí
Levaba tempo querendo abrir un espazo onde poder compartir o que fago dun xeito máis tranquilo e persoal. Un lugar sen présas, sen algoritmos e sen a sensación de ter que encaixar nun formato concreto.
Este blog nace con esa intención: ir contando procesos, ideas, proxectos e pequenas reflexións que forman parte do meu traballo como creador visual. Ás veces será algo máis técnico, outras máis persoal, e outras simplemente unha escena que me apetece gardar por escrito.
Non teño unha folla de ruta pechada nin un calendario estrito. Só ganas de ir construíndo este espazo pouco a pouco, con calma e honestidade.
Se che apetece acompañarme, benvido.


