Falemos

Edit Template

Falemos

Edit Template

Falemos

Edit Template

Fotografía de produto en 4Elementos

Traballo de fotografía de produto orientado a comunicación comercial, iluminación de estudio e creación de imaxes consistentes coa identidade de marca.

2021
4Elementos

O proxecto

Durante a miña estadía en 4Elementos, tiven a oportunidade de desenvolver traballo fotográfico centrado en produto, especialmente orientado á comunicación visual de marcas locais. A experiencia permitiume afondar na fotografía comercial, traballando con iluminación de estudio, composición e retoque para destacar os valores e a estética de cada produto.

Un espazo creativo aplicado á marca

A través deste proxecto, puiden aplicar conceptos de fotografía, e en ocasións deseño gráfico e vídeo, para crear imaxes que non só mostraban o produto, senón que contaban unha historia visual coherente coa identidade da marca. A fotografía convertiuse nunha ferramenta clave para a presentación comercial e a comunicación estética. Os traballos de deseño gráfico e vídeo non os conservo, pero considero importante mencionalo.

A identidade visual

Cada sesión fotográfica foi pensada para reforzar a identidade visual de 4Elementos, coidando a paleta cromática, os fondos, os materiais e os detalles. O obxectivo era transmitir calidade, estilo e coherencia visual, adaptándome ás necesidades de cada campaña.

O resultado

Este traballo consolidou a miña experiencia en fotografía de produto e permitiume colaborar nun entorno profesional real, achegando solucións visuais efectivas e creativas. Foi unha etapa de aprendizaxe intensa e de aplicación práctica das miñas capacidades como fotógrafo e creativo.

Podes ver máis sobre esta empresa en

Pechar

Sabes que queres facer as cousas ben.
Eu tamén. Cando nos poñemos?